Amicos celebra en Boiro, o día 3, o seu gran festival da integración: o Festiritititi

28 Novembro 2019

A Asociación Amicos, colectivo barbanzán de familias de persoas con diversidades funcionais, autismo e parálise cerebral, vai organizar a segunda edición dunha das súas grandes citas a prol da plena inclusión: o Festiritititi, o festival da integración a través do xogo. A cita será a vindeira semana, o martes 3 de decembro, na praza do Concello de Boiro en horario de 1.00 a 13.30 horas.

O festival levarase a cabo no marco do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, unha “xornada especial” para as e os integrantes de Amicos polo que ten de celebración de todas aquelas cousas que favorecen unha vida plena, sen barreiras e acorde co desenvolvemento das moitas capacidades de cada quen.

Á cita, informan dende Amicos, están convidados centros educativos, autoridades e familias de toda a nosa contorna, “porque o Festiritititi está integrado por actividades de lecer (xogos, obradoiros) para promover a inclusión a través do xogo”, sinalan dende a asociación, engadindo que o programa de accións dinamizadoras incluirá actividades con zancudos, pompeiros ou magos, entre outras.

A festa comezará ás 11:00h e as actividades desenvolveranse até as 13:30h. Ás 11:30 farase unha actividade especial para recibir ás autoridades.

Nesta edición está confirmada a presencia de máis de 400 escolares dos centros educativos da comarca, así como o director xeral de Maiores e Discapacidade Ildefonso de la Campa, a directora xeral de Xuventude Cristina Pichel e representantes dos concellos de Boiro, Ribeira e Pobra.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.