O programa Roteiro bota a andar na Pobra cunha ducia de participantes

21 Febreiro 2023

As competencias prelaborais son o eixe do programa Roteiro, que promove o Concello da Pobra do Caramiñal, para achegar formación que redunde nunha mellora da empregabilidade de menores de 30 anos.

As clases comezaron no 20 de febreiro e contaron coa asistencia da concelleira do Desenvolvemento Local, Amparo Cerecedo (BNG), para saudar a ducia de persoas participantes.

Ós luns, ata o día 15 de maio, impartiranse ferramentas para o traballo en equipo, un obradoiro de transformación positiva de conflitos, técnicas para a busca de emprego, intelixencia emocional ou coaching e mindfulness como tácticas para supera-la frustración, entre outras cuestións.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Na Pobra, o Museo Valle-Inclán acolle a maqueta do Santa Isabel

Este venres, día 18 de setembro, tivo lugar na Sala de Iconografía do Museo Valle-Inclán a rolda de prensa para presentar a nova exposición temporal da maqueta do buque Santa Isabel, afundido o 2 de xaneiro de 1921 nas costas de Sálvora (Aguiño), e que poderá...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.