“Non é cousa allea: o Entroido fala galego-portugués” – Antón Luaces

20 Febreiro 2023

Por máis que Tenerife e Gran Canaria se esforcen e Brasil se manteña, e países como Alemaña, Italia (Venecia) ou Francia vivan ao seu xeito o Carnaval que, en Galicia é Entroido ou Antroido, e por máis que en tempos da ditadura franquista tentaran prohibir/eliminar festa tan popular e de carácter relixioso e á vez pagán, ninguén pode discutir a primacía do idioma galego-portugués nesta celebración que en Galicia ten singularidades tan específicas que só en territorio galego-portugués se producen.

Disque existen rexistros que sitúan a orixe do carnaval en 5.000 anos atrás, entre as poboacións sumerias (que por medio dunha grande festa expulsaban os malos espíritos das colleitas) e exipcias (que consagraban estes días ao deus Apis, asociado á fertilidade). Sumemos ao sinalado a aportación romana ás festas posteriores ás celebracións saturnais (adicadas a Saturno) e xa temos a empanada case completa.

Moi relacionada coa relixión, xa en tempos de conexión mercantil e mariña entre Italia e España -en ambos os países ten as súas raiceiras a tradición carnavalesca española- a festa é marcadamente gastronómica, de abundantes banquetes ben regados co viño e con Baco, deus do caos e do viño.

En España remóntase esta celebración  á Idade Media, inicialmente vencellada á relixión: a Coresma e a celebración do ben comer e beber antes dos 40 días de abstención. E de aquí, o Carnaval. E derivado del, o Entroido, que seguía e segue vieiros diverxentes dos seguidos en Cádiz e Tenerife, nomeadamente en distintas localidades da provincia de Ourense (onde rompen moldes) e as celebracións marcadamente locais en municipios do Barbanza e a súa tradición choqueira, e a especificidade das “murgas” na capital municipal de Cariño onde nos últimos 30 ou 40 anos colleron o camiño dos disfraces e as comparsas musicais con ritmos brasileiros de samba e batucada.

Lembro un Entroido en Cariño, aló polos finais dos anos 50, con comparsas moi centradas no ámbito local e de dura crítica a persoeiros ben coñecidos, entre estes un cura (non sei exactamente cal) pero si gardo na memoria unha carrola tirada por unha baca e cunha manchea de homes e mulleres que cantaban e bailaban como nunca eu vira para rematar con sátiras diversas sol cura e a súa criada que nin o franquismo nin a Garda Civil ousaban “cortar” polas malas malia a advertencia de prohibición de disfraces e “murgas”.

Quen se atrevía, tamén nesa época, en Ribeira a suprimir a “correa” carnavaleira-entroideira de Juan O Marqués que, sempre coa súa dona (ata que esta finou) facían rir a toda a veciñanza coas súas ocorrencias e xenialidades?. Ou a daquel grupo de mozos que se botaron á rúa, percorrendo a cidade cun carro do que turraban os propios xoves e, riba do carro, unha gaiola -que facía de cárcere- en cuxo interior ía un hoxendía médico, pintor e escritor e, escoltando ese cárcere ambulante, mozos ben coñecidos naquela Ribeira que exerceron posteriormente traballos no ensino, a comunicación, a mariña e mesmo a orde pública. Por certo, o cárcere permitía facer comedia de Caryl Chessman, ladrón, secuestrador e violador en serie, condenado a morte   en USA.

Máis, dun  ou doutro xeito, a lingua tiña características propias das terras luso-galaicas, que se conservan (e que sexa por moitos anos) xunto coas comparsas e choqueiros da rúa da Torre, na Coruña.

Outros artigos

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

+

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.