A asemblea local socialista de Boiro ratifica a José Ramón Romero, Martiño, como candidato ás eleccións municipais de maio de 2023

18 Febreiro 2023

O actual rexedor boirense, José Ramón Romero, Martiño, presentou este venres á asemblea local do
PSdeG-PSOE de Boiro a súa proposta para seguir liderando a candidatura para gobernar nas eleccións municipais previstas para maio deste ano. A presentación pública como cabeza de lista terá lugar o vindeiro venres día 3 de marzo ás 20.00 horas no restaurante Chicolino de Boiro.
O obxectivo do actual rexedor de cara aos próximos comicios é consolidar o goberno para continuar co proxecto deseñado.
“Comezamos este proxecto en maio de 2019 cunha proposta a dez anos e queremos continuar nesta liña de progreso que precisa o noso concello”, recoñeceu Martiño.
“Estes anos no goberno supuxeron un cambio significativo para Boiro e os boirenses pero aínda queda moito traballo por facer para lograr ese Boiro do futuro”, afirmou o candidato. A agrupación valorou de xeito moi positivo o traballo do alcalde e o equipo de goberno durante estes catro anos ao fronte da alcaldía de Boiro.
O candidato contou co apoio da agrupación e máis adiante a Asemblea ratificará aos demais membros da lista que concorrerá ás eleccións municipais. “Estamos xa a traballar para conformar un equipo de traballo que reforce o existente e que nos axude a realizar un programa electoral para os vindeiros catro anos que atenda ás necesidades da veciñanza das distintas parroquias de Boiro”, asegurou Martiño.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.