O Ministerio de Cultura e Deporte promove en Galicia 18 encontros literarios para a animación lectora en Institutos de Ensino Secundario

18 Febreiro 2023

O Ministerio de Cultura e  Deporte, a través da Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura,  pon en marcha unha nova edición do programa de actividades literarias  en Institutos de Ensino Secundario, que permitirá o contacto directo  dos autores e autoras co alumnado.
Este programa enmárcase no Plan de Fomento da Lectura 2021-2024 e ten  máis de dúas décadas de existencia. Nesta edición, o Ministerio  promove 18 actividades en Galicia: 10 en centros da Coruña; 4 
encontros en centros da provincia de Lugo; 1, en Ourense e 3, na  provincia de Pontevedra. Nesta ocasión todos os encontros serán  presenciais.
Hai que destacar que, dos 18 encontros, 13 serán protagonizados por  mulleres e 5, por autores homes. En canto aos xéneros literarios que  cubrirán, 9 son de narrativa, 4 de poesía, 4 de ensaio e 1 de 
ilustración. Son os centros educativos os que proponen o encontro, e o  Ministerio, una vez aceptada a solicitude, asume o custo económico  derivado do mesmo.
O obxectivo desta iniciativa é achegar aos mozos á lectura de calidade  e, ao mesmo tempo, contribuír a difundir a obra e a actividade  creadora dos nosos autores. Os alumnos teñen a oportunidade de coñecer 
de preto o traballo de narradores, poetas, dramaturgos, ilustradores  ou tradutores, e estes, tomar o pulso dos intereses dos lectores e das  lectoras máis novas.
ACTIVIDADES REPARTIDAS POR TODA A XEOGRAFíA ESPAñOLA
O Ministerio de Cultura aprobou nesta edición do programa de encontros  literarios un total de 275 actividades lectoras, que se celebran en  España e tamén en Marrocos.  
O programa conta con dous tipos de actividades distintas. Por unha  banda, os ‘Encontros literarios’, onde o autor ou a autora, propostos  polo centro, falan sobre a súa obra e o seu proceso creativo, mantendo 
un diálogo aberto cos e coas estudantes. Estes serán os encontros que  se celebrarán en Galicia. Por outra, ‘Por que ler aos clásicos’, onde  os autores poñen o centro de atención da actividade programada na obra  ou a figura dun autor ou autora cuxa transcendencia vai máis aló dun  período histórico ou unha corrente literaria concretos.
PROGRAMA COMPLETO A DESENVOLVER EN CENTROS DE GALICIA

   PROVINCIA        CENTRO          CONCELLO        DATA            AUTOR/A         XÉNERO
   A Coruña         C.I.F.P. Coroso         Ribeira         15/02/2023      Fina Casalderrey            Narrativa
   A Coruña         IES Porto do Son        Porto do Son    19/04/2023      Carlos Negro Romero      Narrativa
   A Coruña         IES Espiñeira           Boiro           28/02/2023      María Solar       Ensayo
   A Coruña         IES Leliadoura          Ribeira         29/03/2023  Miguel Anxo Prado           Ilustración
   A Coruña         IES Sabón       Arteixo         13/03/2023      Pedro Ángel Ramos         Narrativa
   A Coruña         IES Urbano Lugrís       Malpica de Bergantiños    28/02/2023          Esperanza Fabregat Carrascosa (Chiki Fabregat)          Narrativa
   A Coruña         IES Brión       Brión           27/02/2023      Ledicia Costas      Narrativa
   A Coruña         IES David Buján         Cambre          21/04/2023      Enma Pedreira Lombardía          Poesía
   A Coruña         IES Poeta Añón          Outes           12/05/2023    Beatriz Busto Miramontes            Ensayo
   A Coruña         IES Saturnino Montojo           Ferrol          13/04/2023    Jorge Mira        Ensayo
   Lugo             CPI San Tomé do Carballo        Taboada         19/04/2023     Ledicia Costas    Narrativa
   Lugo             CPI Virxe do Monte      Cospeito        17/03/2023    Antía Yáñez         Narrativa
   Lugo             IES Anxel Fole          Lugo            24/03/2023      Antía Yáñez       Narrativa
   Lugo             IES Enrique Muruais             A Pontenova          05/05/2023  Ledicia Costas      Narrativa
   Ourense         IES Carlos Casares      Viana do Bolo  03/05/2023  Rosalía Fernández Rial. Poesía    Poesía
   Pontevedra       IES de Barro            Barro           06/03/2023      Montse Fajardo. Ensayo             Ensayo
   Pontevedra       IES Sánchez Catón       Pontevedra      21/03/2023    Tamara Andrés Padín             Poesia
   Pontevedra       IES Sanxenxo  Sanxenxo 31/03/2023    Alonso Villaverde, Francisco (Fran Alonso)          Poesía

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.