O Museo de Artes do Gravado celebrará tres mostras este ano para conmemorar o 50 cabodano de Picasso

17 Febreiro 2023

O Museo de Artes do Gravado e a Estampa Dixital acolleu este venres 17 de febreiro a presentación da súa programación para conmemorar o 50 aniversario do pasamento de Picasso. A axenda inclúe tres exposicións a celebrar ao longo do ano, até o mes de outubro. As tres ,mostras contarán coa apoio da Xunta. Precisamente entre os participantes da presentación atopouse o director xeral de Cultura do Goberno galego, Anxo M. Lorenzo, acompañado do alcalde Manuel Ruiz, a concelleira de Cultura María Sampedro, o concelleiro de Economía Ramón Doval e o director do Museo do Gravado, Pastor Rodríguez.

O obxectivo, sinalou Lorenzo, “é poñer en valor a obra do pintor que custodia este museo e renderlle homenaxe nesta efeméride tanto a través dos seus propios linogravados como da obra de artistas como Manuel Avaso ou Alfonso Costa”.

O director xeral de Cultura agradeceu tamén á institución ribeirense a súa contribución a Picasso, branco no recordo azul, a “gran exposición coa que a Xunta reivindica a pegada galega na traxectoria do artista a través dunha escolma de 120 pezas, moitas delas representativas do seu período de formación na Coruña e da súa etapa de madurez e consagración”, dixo. Segundo lembrou, o Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital é prestador de obra ao Museo de Belas Artes da Coruña para esta mostra.

A primeira das tres mostras, Gravados ao linóleo de Pablo Picasso, desenvolverase entre febreiro e abril e estará conformada por 44 linogravados que recollen parte do traballo nesta técnica realizado polo pintor entre os anos 50 e 60. “Unha técnica especialmente atractiva para o artista, que achou nela unha relación colorística axeitada á economía da liña das súas composicións maduras”, explicaron na presentación.

Xa en maio e xuño exporase a mostra da obra dos pintores barbanceses Manuel Ayaso e Alfonso Costa Beiro en homenaxe a Pablo Picasso. A programación pecharase en outubro coa exposición das obras resultantes de tres obradoiros de linogravado celebrados polo museo ribeirense ata o mes de xullo. Os profesores encargados de impartilos serán os prestixiosos mestres José Fuentes Esteve e Antonio Navarro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.