En Boiro entregados os premios da Campaña de San Valentín

16 Febreiro 2023

Este mediodia tivo lugar na sede da ABE a entrega de premios da campaña de San Valentín celebrada entre o 3 e o 14 de febreiro co obxectivo de premiar a fidelidade dos clientes dos negocios asociados.

Nesta ocasión os premios entregados foron dúas experiencias románticas en Boiro para dúas persoas que poden incluír dende comer, sobremesa, café, tomar algo, cear, baile e copas, aloxamento ou mesmo ata un taxi para desprazarse.

Dúas experiencias totalmente configurables ao gusto das persoas premiadas.

As persoas premiadas foron María Teresa Nieto por unha compra realizada en Jealsa Factory Shop e Carla Romero por unha compra realizada en Deportes Sr Balón que recibiron os premios da mans do presidente da ABE Daniel García que agradeceu “ a vosa confianza no comercio local e a participación na campaña” tamén animou a “seguir rexistrando tíckets xa que durante todo o ano acumulan puntos para cambiar por agasallos do catálogo de premios”

As gañadoras recibiron unha caixa con 100€ en bonos ABE que poderán gastar nun amplo listado de locais de hostalaría, restauración, ocio nocturno, aloxamentos e taxi para configurar a súa medida unha experiencia romántica.

Para participar no sorteo as premiadas rexistraron os tíckets de compra na web www.abe.gal entre as datas indicadas e foron as agraciadas ente os 699 rexistros válidos entre os que se realizou o sorteo.

Esta campaña conta coa financiación da Xunta de Galicia.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...