O Concello de Ribeira organiza dous obradoiros de doces de Entroido

16 Febreiro 2023

O Concello de Ribeira vai organizar dous obradoiros de cociña de Entroido, centrados desta volta nos doces típicos destas festas. Serán dúas actividades para 16 persoas, maiores de idade, cada un, o martes 21 e o xoves 23 de febreiro de 17 a 20 h no segundo andar do mercado, nas cociñas de escola taller. O prazo de inscrición empeza este venres 17 no Centro Lustres Rivas, presencial, ás 9 h ata completar cupos.

Amais, será establecido un Punto Violeta no PAC-Centro de Saúde de Ribeira durante a noite do luns de Entroido. O punto estará atendido por persoal sanitario do SERGAS e un axente da Policía Local de Ribeira, e é iniciativa da Concellería de Cultura, en horario de 23 h do luns 20 de febreiro ás 04 h do martes 21, xa que os DJ estarán pinchando dende as 23 ata as 03 h.

Por último anunciar que a Concellería de Cultura de Ribeira instalou a iluminación festiva decorativa do Entroido, na rúa Galicia e Rosalía (peonil, dende o Concello ao Malecón, e Galicia dende o mercado ata praza de Compostela) e nas zonas da hostalaría como García Bayón, Teruel, Alcalá Galiano, Vigo, Sal, Ramón y Cajal, Santa Uxía, Portugal, Romero Ortiz así como uns letreiro en Coroso e Xarás, ademais de na carpa do Entroido que se instalou este xoves 16 no Malecón e no Espazo Municipal de Usos Múltiples na rúa de Galicia (carpa); un total de 30 elementos decorativos que serán prendidos de 19 a 02:30 h dende o venres 17 ata o domingo 26 de febreiro, ambos os dous incluídos.

No festival de murgas e comparsas infantís do sábado participarán catro agrupacións encabezadas pola charanga O Santiaguiño de Padrón, con saída do desfile ás 17 h dende o Auditorio Municipal e actuación na carpa e o domingo 19 serán 2 comparsas e 6 murgas da categoría adulta, acompañadas no desfile por tres charangas e presentado o festival por Isabel Risco con saída do desfile ás 17 h dende o auditorio e actuación na carpa do Malecón.

As agrupacións do sábado son El Tomasón, Alfaia, Amencer e Alfa Ribeira; as do domingo son:

Comparsa da Asociación Haveira

Comparsa da Asociación de Veciños de Carreira

Murga da Residencia do Maior de Ribeira

Murga ANPA EEI Caamaño: Imos de excursión

Murga Aquelarre Portus Ébora: A quen lle importa

Murga Asociación Cultural Haveira: Remember Grease

Murga Tarde Mal e Arrastro: Paraíso de África

Murga ToleArte: Tu tu ru tu tu ru tu tu + votación

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.