Un tripulante ghanes de 52 anos do pesqueiro vigués Novo Alborada, faleceu tras caer ao auga cando faenaban a 165 millas das illas Sorlingas, no caladoiro do Gran Sol. Segundo informou Salvamento Marítimo a través das súas redes sociais, o corpo do pescador falecido foi recuperado da auga este mércores e atópase a bordo do pesqueiro no que traballaba.
O barco arrastreiro diríxese agora a Vigo, onde ten o seu porto basee. Tras coñecerse a noticia, o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, trasladou o seu pesar pola morte deste traballador e púxose disposición da armadora para prestar “todo o apoio necesario”.







