
Un accidente ocorrido esta madrugada deixou dúas persoas trasladadas, esta vez na Pobra do Caramiñal.
O 112 Galicia recibiu a chamada dun particular, contra as 0:30 horas da noite, que informaba dun vehículo que colidira contra un muro na rúa Fernández Varela, na Pobra do Caramiñal. Aínda que as dúas persoas implicadas estaban fóra do coche, precisaban asistencia sanitaria.
Desde o 112 solicitouse a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Boiro e de Ribeira e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Pobra do Caramiñal.
Unha vez finalizada a intervención o persoal dos servizos sanitarios informou ao 112 de que as dúas persoas accidentadas foran evacuadas ao Hospital do Barbanza en ambulancia.



