A dotación da Policía Local de Ribeira refórzase cun novo axente, logo de que este martes 14 de febreiro tomase posesión Yago Iñarrea García.
A este respecto, Yago foi un dos 117 efectivos que onte participaron na gradación da 14ª promoción da Policía Local, celebrada na Academia de Seguridade Pública na Estrada, tras superar o seu período de formación.
Na toma de posesión deste m artes estiveron presentes o alcalde Manuel Ruiz, o concelleiro delegado de seguridade cidadá, Víctor Reiriz; e o xefe da Policía Local, José Manuel Bretal.




