O BNG de Boiro esixirá medidas que poñan freo ao drama de emigración

27 Novembro 2019
Raquel Suárez Regades

O Bloque Nacionalista de Boiro, liderado por Raquel Suárez Regades, vén de presentar unha moción para axilizar a posta en marcha de políticas efectivas que contribúan a solucionar un problema que as galegas e galegos levamos arrastrando dende hai centos de anos: o drama da emigración, unha eiva que, lonxe de esmorecer, semella ir a máis (a agrupación lembra que na época en Rosalía escribiu Pra a Habana!, hai 156 anos, a poboación galega representaba o 11,5% do total do Estado, e hoxe é só do 5,74%, “o que significa que o peso relativo da nosa poboación reduciuse á metade”).
Na moción, que será levada ao pleno de Boiro en decembro, o BNG lanza unha proclama para pedir ao Parlamento galego que “tome en consideración a emigración como un drama social e nacional, para que conciba este problema como unha emerxencia e outorgue prioridades ás políticas que ataquen as súas causas, instando á Xunta a impulsar estratexias que aseguren o dereito a un traballo digno na terra e creen as condicións para favorecer o retorno das persoas emigradas”. Tamén se propón instar ao Parlamento para que estude e propoña medidas e políticas necesarias para rematar “con este drama que segue a golpear ao Pobo Galego”. Segundo o BNG boirense, estes deberán ser os eixos das ditas políticas:
-Defender a base produtiva do país e dunha economía autocentrada, que mobilice os enormes recursos da nosa terra para xerar emprego e riqueza.
-Crear emprego digno e de calidade.
-Promover os sectores estratéxicos de noso: agrogandeiro, forestal, marítimo-pesqueiro, enerxético e das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (as TIC), así como a economía creativa, na que “Boiro ten referentes destacados”.
-Activar políticas que eviten a emigración da xente nova.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.