Compras e ocio daranse cita esta fin de semana en Boiro

27 Novembro 2019

A Asociación Boirense de Empresarios (ABE), coa colaboración do Concello de Boiro, organiza a Noite Aberta+Black Friday para esta fin de semana. Ao acto de presentación asistiron o alcalde José Ramón Romero; a concelleira de Cultura, María Outeiral; o presidente da ABE, Daniel García; e os membros de Amicos, Macarena e Adrián.

Desde o venres 29, os locais participantes terán descontos para os clientes e o sábado 29 uniránselle actividades que se desenvolverán dentro e fóra dos establecementos ata as 23.00 horas. Entre as citas da xornada destacan as actuacións de DJs, degustacións de comida, bebida e doces, sorteos, agasallos e moitas sorpresas. Así, os 25 locais participantes estarán sinalizados cunhas bandeirolas de cor rosa e terán descontos de ata o 50% ao longo das dúas xornadas.

A edil María Outeiral explicou as diversas actuacións e animacións que haberá na rúa. Ademais, aproveitou a ocasión para anunciar cando se efectuará o acendido do alumeado de Nadal, pois quíxose cambiar a data que nos últimos anos coincidía coa Noite Aberta. Deste xeito, o acendido celebrarase o 7 de decembro, ás 19.00 horas, da man dos membros da Asociación Amicos. O motivo deste cambio radica en dotar a este evento de maior protagonismo e contribuír á dinamización do municipio.

Esta fin de semana, coa Noite Aberta, comeza o programa de actividades para este Nadal que mestura iniciativas que engloban a cultura, o comercio, o turismo e o deporte no concello boirense.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La violencia no cabe en A Coruña”. José Castro López

“La violencia no cabe en A Coruña”. José Castro López

El poeta ourensano Alberto García Ferreiro, contemporáneo de Curros y Pondal, era unadmirador de A Coruña a la que dedicó el poema “Ben te vin” en el que resalta labelleza de la ciudad que pone a nivel del Paraíso celestial después de pedir a San Pedroque no escuche...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.