Na Pobra entregados os premios do concurso para a escultura que homenaxeará ás vítimas da violencia machista

08 Febreiro 2023

O Concello da Pobra entregou este 8 de febreiro os premios do concurso de ideas para a escultura de homenaxe ás vítimas da violencia de xénero convocado pola Consellería de Igualdade. As dúas artistas finalmente recoñecidas foron Isabel Soler Rivas e Columba Bello Bugallo. O alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), acompañado de membros da Corporación, efectuou a entrega das distincións nun acto público realizado no salón de plenos do Consistorio. Sobre o certame, o rexedor manifestou que pretende ser un canto á esperanza de que chegue o día “en que se elimine unha eiva social como é a violencia de xénero”.

A proposta Como auga, presentada por Isabel Soler, resultou a gañadora do certame. Correspóndelle, polo tanto, unha dotación económica de 3 000 euros, un diploma e a adxudicación da realización da talla por un importe máximo de 9 000 euros. Trátase dunha obra que comunica a idea de que hai saída da violencia de xénero, tal e como explicou a propia autora na exhibición da maqueta, a cal se materializará nos vindeiros meses coa súa colocación nun espazo público próximo ao mar. A peza metálica representa unha muller que sae do papel no cal está metida cara a unha auga renovadora. “Non só vai renovala a ela, tamén o espectador que se reflicte na súa imaxe”, apuntou a artista.

Concedeuse ademais un accésit a Amar, presentada por Columba Bello, razón pola cal se lle outorgou unha mención de honra. Durante a súa intervención fixo fincapé na importancia “de que a arte estea na rúa, forme parte da sociedade e teña un labor pedagóxico.”

Dáselle así cumprimento ao compromiso adquirido pola Administración local para lles render unha homenaxe ás vítimas e lanzar unha mensaxe de repulsa á violencia machista baixo o formato dun certame cunha dobre óptica: artística e reivindicativa. Soledad Penalta e Aida López, recoñecidas artistas, xunto con Carolina Rodríguez e Begoña Olveira, en representación do persoal municipal do Concello, integraron o xurado.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.