A Pobra facilita novamente a conciliación durante o Entroido

07 Febreiro 2023

Cara a estas datas do Entroido, o Concello da Pobra do Caramiñal prosegue na súa aposta pola
conciliación co obradoiro destinado a crianzas da infantil e da primaria.
Este servizo ofértase para os días 20, 21 e 22 de febreiro e, igual ca en anteriores ocasións, transcorrerá dende as 09.00 ata as 14.00 horas, no CEP Salustiano Rey Eiras, segundo concretan a concelleira da Igualdade, Charo Varela (Nós Pobra), e a axente de igualdade, Carolina Rodríguez.
O prezo total é de 9 euros por nena/neno, pero aplicarase un desconto do 50% á segunda irmá ou irmán e será de balde para o/a terceiro/a. A maiores, achégase a opción dos servizos de Madruga e Comedor
(cómpre consulta-las condicións). A data límite de inscrición establécese no 17 de febreiro e o trámite
formalizarase no Departamento da Igualdade, situado fronte á casa consistorial.
Continúa tamén operativo o Espazo de Coidados Corresponsables para conciliar polas tardes. Trátase dunha prestación municipal de balde ao abeiro do Plan Corresponsables promovido e financiado con fondos procedentes do Ministerio da Igualdade.
Máis información no enderezo electrónico igualdade@apobra.gal ou no teléfono de contacto 981832764, marcando a opción 6.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.