O Concello de Boiro propón destinar o POS+ 2023 da Deputación a catro actuacións demandas pola veciñanza

07 Febreiro 2023

O Concello de Boiro propón para o seu debate e aprobación no pleno de febreiro (este xoves día 9), a participación municipal no plan provincial de cooperación ás obras e servizos (POS+ 2023) da Deputación da Coruña. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luis Ruiz, presentaron na mañá deste 7 de febreiro os proxectos que se propoñen para a súa inclusión. Segundo fixeron saber, a cantidade que lle corresponde ao Concello de Boiro no POS+ 2023 é de 615.197,37 euros, que se propoñen destinar a catro obras. “Trátase dun investimento moi importante para o noso Concello e que vamos destinar a obras en diversos puntos do termo municipal, prestando especial atención aos núcleos do rural”, afirmou o alcalde.

Pola súa banda, o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luís Ruiz, explicou polo miúdo as obras que se van acometer e que responden a demandas da veciñanza. “Decidimos destinar o importe que a Deputación reparte con criterios obxectivos a cubrir necesidades detectadas en distintos núcleos”, afirmou.

Obras de pavimentación e instalacións de rueiro en Runs e San Mauro

Orzamento: 429.865,99 euros

O obxectivo destas actuacións é levar a cabo instalacións e a pavimentación dos rueiros en Runs e San Mauro “debido ao mal estado actual dos mesmos polo esgotamento da vida útil do pavimento e a inexistencia de rede de saneamento de augas pluviais”.

As actuacións que se pretenden acometer implican a demolición dos pavimentos existentes para a preparación do terreo, a execución da rede de saneamento de augas pluviais e de abastecemento, a substitución de luminarias e a execución dun pavimento continuo de formigón, lousas de granito e lastros de granito.

Beirarrúas na avenida da Constitución entre Salvador Allende e av. de Compostela

Orzamento: 199.240,61 euros

As actuacións que se pretenden executar mediante este proxecto son a execución de beirarrúas e dotación de carril bici na avenida da Constitución, no tramo comprendido entre a rúa Salvador Allende e a avenida de Compostela.

As actuacións implican a execución das canalizacións de saneamento, abastecemento de auga e electricidade e a instalación de alumeado; a execución de beirarrúas formadas por soleira de formigón e baldosa hidráulica; a execución dunha glorieta no entronque coa rúa Salvador Allende con plantación de vexetación; a execución do carril bici con separadores e bolardos; a execución do firme de aglomerados e o marcado viario.

Pavimentación no lugar de Xián

Orzamento: 34.089,21 euros

O obxectivo deste proxecto é “a pavimentación das vías interiores na aldea de Xian coa finalidade de mellorar o conxunto do firme e as súas características funcionais”. Vaise actuar en catro tramos dentro do propio núcleo de Xián nos que está previsto realizar unha rehabilitación superficial mediante a aplicación dunha nova capa de rodaxe asfáltica para conservar e mellorar as características funcionais (seguridade, comodidade) e a protección do conxunto do firme (aumento da durabilidade, impearmeabilidade).

Reordenación e urbanización do parque en Cimadevila

Orzamento: 178.365,18 euros

Con esta actuación o que se pretende é a renovación dun espazo de lecer no lugar de Cimadevila, así como aumentar os espazos de estacionamento nun lugar no que escasean.

As actuacións que se pretenden levar a cabo implican o desmonte e recheos con execución de muros, transplantado de árbores, pavimentación da zona de aparcamento, pavimentación do parque infantil, reordenación dos contedores e instalación de mobiliario, sinalización e outros equipamentos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.