O Concello da Pobra entregará este mércores os premios do concurso para a escultura de homenaxe ás vítimas da violencia de xénero

06 Febreiro 2023

O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal albergará no 8 de febreiro, ás 13.15 horas, o acto público de entrega dos premios do concurso de ideas para unha escultura en homenaxe ás vítimas da violencia de xénero, convocado pola Concellaría da Igualdade, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra).

A proposta presentada por Isabel Soler Rivas co título Como agua resultou gañadora, mentres que o accésit foi para Columba Bello Bugallo con Amar.

Soledad Penalta e Aida López, recoñecidas artistas, xunto con Carolina Rodríguez e Begoña Olveira, en representación do persoal municipal do Concello, integraron o xurado.

A primeira distinción supón unha dotación económica de 3 000 euros, a entrega dun diploma e a adxudicación da realización da talla por un importe máximo de 9 000 euros. Doutra banda, o segundo galardón supón a entrega dun diploma honorífico.

Isabel Soler, entre a concelleira de Igualdade (Charo Varela) e o alcalde, Xosé Lois Piñeiro

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...