A axenda rianxeira de Entroido inclúe obradoiros, xogos e concursos na praza de Castelao, en Araño e en Taragoña

03 Febreiro 2023

O Concello de Rianxo, a través da súa Área de Cultura, compartiu o programa de actividades locais do Entroido 2023, un programa no que tamén colaboran as asociacións culturais do municipio e cuxas propostas concentraranse principalmente entre o venres 17 o sábado 25 de febreiro. Haberá todo tipo de actividades para veciños e visitantes de todas as idades (moitas delas concentradas na Carpa do Entroido da praza de Castelao), sendo un dos puntos fortes do programa o Certame de Carrozas e Disfraces en Grupo, que organizado pola Área de Cultura, terá lugar na praza de Castelao o domingo 19.

A troula comezará como dixemos o venres 17, a partir das 22h, na Carpa do Entroido habilitada na praza de Castelao. A xeira inclúe unha festa de Entroido, un concurso de disfraces e unha sesión de DJ. Organiza a Asociación Festival Rock in Rian.

Ao día seguinte, sábado 18, a carpa praza de Castelao acollerá ao mediodía unha sesión carnavaleira, seguida (pola tarde) dunha festa infantil, un concurso de disfraces para a rapazada, un DJ e un espectáculo familiar. A partir das 17.00, no Centro Cultural de A Capala (Araño) celebrarase unha festa infantil do Entroido con filloeiras, música e un concurso de disfraces.

Ao día seguinte, domingo 19, a festa concentrarase na praza de Castelao a partir das 16.30 horas. Haberá obradoiros, xogos e logo comezará o Certame de Carrozas do Entroido de Rianxo, que entregará 4.000 euros en premios e gratificacións: para a modalidade de carrozas (tres premios de 900, 700 e 500 euros, máis gratificacións de até 150 euros) e para a categoría de grupos (tres premios de 350, 250 e 140 euros). A vertente musical virá da man de Fanfarria Taquikardia. Sortearanse agasallos entre as persoas disfrazadas. As categorías son: xoubas (até 6 anos), sardiñas (de 7 a 12), xardas (de 13 a 17) e adultos.

O luns 20 de febreiro a festa concentrarase en horario de tarde. Haberá inchábeis, obradoiros e xogos na Carpa do Entroido da praza de Castelao, entre as 16.30 e as 19.30 horas.

O martes, tamén pola tarde tamén na Carpa de Entroido, haberá inchábeis, obradoiros, xogo e, un espectáculo de rúa (Abracadaver) a cargo de As Sircópatas. Tamén actuará o músico Pakolas.

O sábado 25 a actividade trasládase ao Campo de pasos, en Taragoña, da man da Asociación Cultural Campo Maneiro. Organizaranse, a partir das 16.30 horas, inchábeis, obradoiros e xogos diversos. Tamén haberá un concurso de carrozas e pola noite unha verbena do Entroido con actuacións musicais e DJ.

Máis información en concelloderianxo.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“25 abril III. Santarém”. Manuel Dominguez

“25 abril III. Santarém”. Manuel Dominguez

Saímos de Lisboa e rumamos para o berço, a fonte, onde o destino fez chegar aqui onde a memória está presente. “Meus senhores, como todos sabemos, existem diferentes tipos de Estado. Os estados socialistas, os estados capitalistas e o estado a que nos referimos....