Os concursos creativos e os obradoiros marcarán a celebración do Entroido en Noia

31 Xaneiro 2023

Co remate de xaneiro o Concello de Noia, a través das concelleiras Laura Salgado e Beatriz Rosende, presentou o programa de actividades do Entroido 2023 na vila noiesa. Será unha axenda completa de propostas que porán o foco no espírito creativo, na diversión e na participación inclusiva. As accións preparadas desenvolveranse entre o 17 ao 24 de febreiro. Coma novidade este ano haberá unha festa de Entroido o sábado 18 e varios obradoiros para os máis cativos os días 20, 21 e 22.

O día 20, luns, celebrarase o Concurso Infantil de Disfraces. Será ás 17:00 horas no Pavillón Alonso Rodríguez.

Pola súa banda, o XXXVII Concurso-Desfile París-Dakar celebrarase o venres 24 de febreiro, a partir das 21:00 horas.

Segundo fixeron saber as concelleiras, xa están dispoñíbeis na sede electrónica municipal as bases dos concursos programados e, tamén, xa se poden facer as inscricións para ditos certames así como para os obradoiros. Poden facerse no primeiro andar da Casa Consistorial (preguntar por Manel), chamando de 09:00 a 13:00h, ao 981 84 21 00 (ext 2031) ou a través da sede electrónica. Neste último caso deben aportar a documentación requirida nas bases.

O último día para anotarse ao concurso infantil é o 17 de Febreiro e para o París-Dakar o día 24.

Programa

-17 de febreiro. Venres de Entroido. Charanga polas rúas entre as 19.00 e as 22.00 horas (Os Jaláticos e Charanga Vila de Noia).

-18 de febreiro. Festsa de Entroido pola tarde, entre as 17.00 e as 20.00 horas, no Pavillón Alonso Rodríguez (maquillaxe de fantasía, globoflexia, tatuaxes, animación musical, inchábeis e chocolatada).

-19 de febreiro. Carreira de Entroido ás 17.00 horas. Saída do Concello. Actividade a favor de Cáritas, con recollida de produtos alimentación básicos. Colabora o Club Atletismo Noia. Haberá degustación de doces de tempada e chocolatada.

-20 de febreiro. Obradoiro Os Entroidos de Galicia. De 10.00 a 13.00 horas no Casino. Para crianzas de entre 4 e 12 anos. Pola tarde, a partir das 17.00 horas, celebrarase o Concurso Infantil de Entroido no Pavillón Alonso (modalidade individual, por parellas e por grupos, con premios de entre 350 e 30 euros). Haberá agasallos para os nenos e nenas que acudan disfrazados.

-21 de febreiro. Obradoiro de repostería entre as 10.00 e as 13.00 horas, no Casino. Para crianzas de entre 4 e 12 anos. Pola tarde, a partir das 19.00 horas, haberá charanga polas rúas con TNT e os Jaláticos.

-22 de febreiro. Mércores de Cinza. Obradoiro de creación de instrumentos, en horario de 10.00 a 13.00 horas, no Casino. Para nenas e nenos de entre 4 e 12 anos. Enterro da Sardiña ás 20.30 horas con saída do Curro. Participan as charangas Os solfamidas e a Charanga Vila de Noia. Chocolatada ás 19.00 horas.

-24 de febreiro. XXXVII Rally París – Dakar. Ás 21.00 horas. Saída da explanada de Labarta e percorrido polo Paseo Antón Avilés e rúas Francisco Romero Blanco, Calvario e Rosalía de Castro. Premios de entre 100 e 2.000 euros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.