O BNG solicita un plan de recuperación da lamprea no río Tambre

27 Xaneiro 2023

O portavoz do BNG no municipio de Noia, Ricardo Suárez, solicitou ao Goberno municipal traballar na recuperación da lamprea no río Tambre. Zonas pesqueiras con tradición histórica na extracción desta especie como os ríos Miño, Ulla ou Tea continúan con plans de explotación, mentres que no río que desemboca en Noia xa non se realiza esta actividade.

“O decrecemento de individuos desta especie está moi influenciado pola importante existencia de encoros nos ríos galegos, e concretamente no Tambre”, afirma Suárez. Por esta razón, e a raíz do convenio asinado entre Naturgy e o Concello de Noia para a posta en marcha dun centro de interpretación da lamprea, o portavoz nacionalista apostou por un plan de recuperación e posterior explotación da milenaria especie.

“É necesario instar esta empresa eléctrica a desenvolver actuacións de cara á recuperación da lamprea”, explicou o portavoz do BNG. “É prioritario que se lle axude a esta especie a superar as barreiras hidrográficas, coa posta en marcha de saltos no río e co desenvolvemento de accións que axuden a reducir o impacto da presa que explota Naturgy no río Tambre”, sinalou.

Paralelamente, Suárez apostou por realizar, conxuntamente coa Xunta, programas de investigación en colaboración coas universidades galegas. Así, o representante do grupo nacionalista apostou polo censo e o seguimento da poboación de lamprea, a solta de individuos no caso de ser necesario e a recuperación da actividade produtiva cando se dean as condicións idóneas de densidade da especie nas augas do río.

“Estamos totalmente a favor de calquera actividade que teña a intención de recuperar a nosa historia e a nosa cultura, mais un centro de interpretación debería ser unha actividade complementaria, o realmente importante é recuperar a lamprea e a súa explotación, sería isto o que tería un impacto económico e ambiental real”, culminou Suárez.

Portavoz do BNG no municipio de Noia, Ricardo Suárez

Acordo para a renovación dos Xulgados

Así mesmo, o portavoz do BNG de Noia amosou a súa satisfacción por chegar a un acordo unánime entre as forzas con representación na sesión plenaria de Noia sobre a necesidade de desenvolver unha renovación do Xulgados de Noia. “Todos os grupos recoñeceron a necesidade de buscar solucións á localización na que se atopan os Xulgados, no futuro próximo estudiaranse as diferentes alternativas, e o BNG comprométese coa aposta pola renovación dos Xulgados”, dixo o portavoz nacionalista, que ademais resaltou que se adoptou “un importante acordo para levar boa parte do arquivo xudicial a unhas novas instancias para poder liberar espazo nas actuais instalacións mentres non se adopta unha solución definitiva”.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.