O Rotogal Boiro Voleibol aspira a facer un partido perfecto para competir contra o Río Duero Soria

27 Xaneiro 2023


M.A.- Complicada saída para o Rotogal Boiro Voleibol, que visita este sábado 28, ás 19.30 horas no Pavillón de Los Pajaritos, ao Río Duero Soria. Os casteláns ocupan a segunda posición da Superliga e só perderon dous encontros como locais no que vai de campionato: contra Guaguas e Melilla Sport Capital. Os da Cachada, pola súa banda, continúan coa misión de sumar os primeiros puntos do curso.

Emilio Palacio, adestrador do Rotogal Boiro Voleibol, afirma que o Río Duero Soria “é un equipo moi competitivo e que mantén unha liña de regularidade”. “As nosas opcións para puntuar pasan por ter moitísimo acerto en ataque e sacar moi ben. O resto, a defensa e a recepción, estamos a facelo moi ben”, agrega. A única baixa dos da Cachada será Mario Iglesias, que non poderá participar por motivos laborais.

O Río Duero Soria está a callar unha campaña máis que notable que lle permitiu asentarse na zona alta da clasificación. O receptor Pelegrín Vargas e o oposto colombiano Juan Pablo Moreno, con pasado no Rotogal Boiro Voleibol, son dous dos xogadores máis destacados do conxunto castelán no que vai de tempada. Ademais, o receptor José Villalba foi incluído no septeto ideal da última xornada.

Precedentes

Tempada 2022-2023
Rotogal Boiro Voleibol, 0-Soria, 3
Tempada 2021-2022
Rotogal Boiro Voleibol, 3-Soria, 2
Soria, 3-Rotogal Boiro Voleibol, 2
Tempada 2020-2021
Soria, 1-Rotogal Boiro Voleibol, 3
Rotogal Boiro Voleibol, 3-Soria, 2

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.