Presentados na Pobra os equipos de bateis do Club de Remo local

23 Xaneiro 2023

Este domingo 22 de xaneiro, pola mañá, o Club de Remo da Pobra (Club de Remo Puebla) presentou oficialmente os equipos de equipos de bateis que competirán nesta temporada 2023 e que xa comezaron este sábado 21, coa primeira regata amigábel en augas do concello.

Acudiron á regata os clubs de Rianxo e Cabo. “Destacar que esta tempada contamos con equipo en todas as categorías, tanto feminino como masculino”, sinalaron dende a entidade deportiva pobrense.

O evento, salientaron, “foi todo un éxito” e “un día moi importante para nós, sobre todo para os rapaces”. O evento deportivo serviu tamén para agasallar a Protección Civil pola súa importante e continua “colaboración en todas as regatas”, e “cada vez máis debido ao aumento do número de regatas que estamos organizando”.

O club tamén agradeceu o traballo do Concello por “colaborar con nós na organización deste acto”. A un nivel máis concreto, a directiva da entidade tivo palabras de gratitude para a concelleira de deportes, Genoveva Hermo, agasallándoa cun pequeno detalle cedido pola Liga LGT : “Un álbum de fotos co resumo do que foi a nosa regata na pasada tempada do 2022”, explicaron.

Autoría fotos: Lucas Lijó.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.