Os colectores instalados en Boiro recolleron no último ano 31.811 quilogramos de téxtil

17 Xaneiro 2023

Os colectores de roupa instalados no municipio de Boiro mediante unha colaboración entre o Concello e Cáritas Diocesana recolleron no pasado ano un total de 31.811 quilogramos de residuo téxtil. No termo municipal hai instalados cinco colectores de residuo téxtil.

En marzo de 2020 o Concello de Boiro e Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela asinaron un convenio de colaboración para a colocación de colectores de roupa coa finalidade de realizar a recollida e tratamento do residuo téxtil. Na actualidade hai instalados cinco colectores, dous na praza da Mancomunidade, un na igrexa de Santa Baia, un en Cabo de Cruz e outro en Escarabote, así como o roupeiro parroquial de Boiro.

Segundo informaron Concello e Cáritas no seu balance anual, todo o material recollido nos colectores é levado á nave que Arroupa ten no Polígono do Tambre para rexistrar todos os residuos recollidos e posteriormente clasificalos segundo o seu destino final. “Estes contedores non só contribúen a un labor social, senón que son o inicio dunha nova recollida para todo o municipio”, afirmou o concelleiro de Servizo Sociais, Raúl Treus.

A finais de 2023 todos os concellos galegos deberán ter implantada, en todos os núcleos de poboación, unha recollida específica de téxtil. Con esta proposta contribúese a fomentar a correcta recollida destes residuos e garántese o seu tratamento adecuado.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.