A Carreira Popular Mar de Boiro cítanos o 1 de decembro co running máis multitudinario

22 Novembro 2019

Decembro vai ser un mes moi deportivo na nosa comarca, e a axenda de citas comeza dende o primeiro día en gráfica ascendente: comeza coa quince edición da Carreira Popular Mar de Boiro (13º Memorial Pepe Buceta), programada para a primeira xornada de decembro. Segundo informa o Departamento de Deportes do Concello boirense, organizador do evento, este está incluído no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo e forma parte, tamén, do IV Circuíto de Carreiras Populares Arousa Norte e do VII Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña.

A proba consta de tres circuítos de distintas distancias para que, en palabras do Concello, “poida participar xente de todas as idades”. As carreiras Mini e Supermini son de 200 metros e están pensadas para a rapazada de até sete anos. A carreira Curta, para escolares, é de 2.500 metros e para a categoría Xeral, a carreira longa, de 10.000 metros.

As inscricións para participar nesta proba están abertas e poden facerse a través da web de Emesports (www.emesports.es) até o xoves 28 de novembro ás 23:59 horas. As inscricións son de balde para as dúas carreiras Mini e Supermini e para a escolares, pero ten un prezo de 6 euros para a carreira longa. Pódese consultar toda a información a través do Departamento de Deportes de Boiro, de xeito presencial na Casa da Cultura, no telefono 981 84 84 25 ou no enderezo electrónico deportes@boiro.org.

Outros artigos

Boiro volve acadar o distintivo Bandeira Verde de Galicia

O Concello de Boiro renova o distintivo de Bandeira Verde de Galicia, un galardón que premia aos municipios da comunidade autónoma que destacan polas súas boas prácticas ambientais e de protección e conservación da paisaxe. A concelleira de Medio Ambiente, Olga...

+

O Concello de Boiro mellora a contorna do Centro Social do Esteiro

O Concello de Boiro levou a cabo obras para a mellora do Centro Social do Esteiro co obxectivo de renovar este espazo público para uso e desfrute da veciñanza. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luis Ruiz, visitaron o lugar para...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.