“Un ano de desgracias no mar para quen buscaba na pesca unha vida plena”. Antón Luaces

10 Xaneiro 2023

Co peche do ano o pasado 31 de decembro de 2022 dábase carpetazo a un expedente que, por  moito que uns e outros nos empeñáramos en facelo bo, a realidade é que non existe motivo algún que convide a dicir que foi un bo ano.

Nen para os traballadores do sector pesqueiro, nen para os armadores e institucións ou entidades vencelladas ao mar foi o de 2022 o mellor ano da vida de calquera das persoas que teñen que ver co sector marítimo-pesqueiro en Galicia.

Comezou prácticamente o ano que vimos de despedir co accidente pesqueiro máis tráxico das últimas catro décadas: o afundimento en augas de Terranova do pesqueiro de Marín Villa de Pitanxo, con 24 homes a bordo dos que só poideron ser rescatados con vida 3.  O caso aínda está por resolver e hai declaracións contradictorias ao respecto.

Catro meses máis tarde, o Albacora Cuatro, con base en Vigo, proporcionaba outra loitosa nova: 2 tripulantes mortos e 8 feridos, ao se rexistrar a bordo un estourido cuxas causas tamén se estudan. Ocurriu en augas da Seychelles.

Son dous dos máis significados incidentes rexistrados no mar no mar o ano pasado en buques que teñen relación directa con Galicia. 

Mais outros feitos marcan asimesmo a esta Comunidade Autónoma no que atinxe á pesca: 73 barcos cuxa actividade depende de xeito case que exclusivo da captura de xurelos, entran nunha crítica situación debido á forte redución  da cota española desta especie. Unha situación que  non por agardada resulta menos dura para o sector porque, amáis dos barcos, afecta tamén ás lonxas  e a quen reside nas localidades nas que estas radican.

Para a Galicia mariñeira, 2023 vai ser un ano sumamente difícil  debido á decisión comunitaria de non  permitir calar aparellos no amplísimo espazo  atlántico que existe entre España e Noruega, onde o cerco asina -sen querela- a acta de defunción dun segmento de frota que só en augas do Cantábrico supón reducir a súa capacidade de pesca de 17.400 toneladas a 3.271.

A crise do xurelo é máis seria do que parece, porque nen sequera a suba de prezos medios e a maior abundancia de sardiña e xarda  compensan a imposibilidade dos cerqueiros de compensar a perda que significa non vender xurelo, produto pesqueiro sumamente prezado de captura estacional pero ampla.

Durante o ano 2022 vendéronse 15.800 toneladas, a cifra máis baixa do último decenio. Son vendas que, grazas aos prezos medios e a alza da sardiña citados, acadáronse pèrto dos 49 millóns de euros. As posibilidades de capturas de xurelo  en 2023 redúcense na práctica máis dun 23%. Mais semella que o dato non ten importancia para unha Unión Europea que só contempla o mar como vehículo para o transporte doutras mercadorías.  

Outros artigos

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

+

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.