Adxudicadas en Ribeira as obras do novo skatepark en Fontán

09 Xaneiro 2023

O Concello de Ribeira confirmaba hoxe a adxudicación das obras para a creación na zona de Fontán, preto do paseo do Touro, do novo espazo deportivo urbano municipal. A dita obra será realizada pola empresa Obras y Viales de Galicia, S.L., supoñendo un investimento de 142.420 euros (IVE incluído).

A nova infraestrutura, de 432 metros cadrados de superficie, emprazarase sobre unha parcela municipal de 480 metros cadrados situada en Fontán, a 200 metros do paseo do Touro e na contorna da nova Comisaría e do novo Punto de Encontro Familiar.

O proxecto foi redactado por Daniel Yábar, prestixioso arquitecto alacantino especializado neste tipo de instalacións, responsábel de actuacións como o Skatepark de Santa Lucía en Vitoria, a Skateplaza de Logroño, o Skatepark Parque de la Granja en Tenerife ou o Bowl Vía Hispanidad de Zaragoza.

O Concello explicou que o proxecto inclúe a construción dun skatepark in situ a base de formigón gunitado cunha zona de rúa e outra de rampla que estará integrada na paisaxe. O futuro espazo de deportes e cultura urbana será un espazo inclusivo e disporá de diversos elementos como unha pirámide, unha duna, un hip, unminiramp ou un corner.

Completarán a intervención a colocación de papeleiras, bancos, aparcabicis e instalación das columnas e proxectores.

O orzamento base de licitación é de 150.409,50 euros e o prazo de execución de tres meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.