Os Reis Magos repartiron maxia por tódolos recunchos da Pobra

06 Xaneiro 2023

A ilusión marcou este 5 de xaneiro coa visita de Melchor, Gaspar e Baltasar á Pobra do Caramiñal antes dunha intensa noite de repartimento de agasallos. Neste 2023 conxugaron o percorrido polas parroquias coa cabalgata tradicional.

A xornada arrancou pola mañá na aldea de San Paio para achegarse en vehículos a cada recuncho do termo municipal. O itinerario púidose seguir en directo a través do Facebook do Concello da Pobra do Caramiñal.

Xa pola tarde, desprazáronse ata a residencia e o centro de día para ter un encontro coas persoas usuarias para despois saír coas carrozas do polideportivo municipal de Venecia. Unha ansiada cita que congregou a multitude de persoas no núcleo urbano da localidade. Troula Animación, Trécola, Axeigo e Charanga Era Visto tamén formaron parte da comitiva.

Deseguido discorreu polo paseo dos Areos, a carón do mar, para deterse momentaneamente a efectuala ofrenda no portal de Belén instalado na praza Alcalde Segundo Durán, amenizada polas integrantes máis novas da asociación Arrancadeira.

O itinerario proseguiu ata a rotonda da Covecha para coller a estrada principal dirección o consistorio. Alí, pronunciaron un animado discurso e recibiron ás crianzas para que lle transmitisen os seus desexos en persoa e inmortaliza-lo momento con numerosas instantáneas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.