En Boiro os Reis Magos toman o relevo das Raíñas Magas (que percorreron este mércores todas as parroquias)

04 Xaneiro 2023

Os Reis Magos recalan este xoves 5 de xaneiro en Boiro, con saída da Gran Cabalgata de Lampón a partir das 17.00 horas, e con chegada a Boiro á praza de Galicia. O evento estará organizado polo Concello xunto coa Asociación Comisión Parroquial de Santiago de Lampón e o colectivo de voluntarios de Turbina (que ultimou todos os detalles, este mércores 4, da visita das Raíñas Magas ás distintas parroquias do municipio, unha actividade que se recuperou este ano logo do gran éxito que conseguiu o ano pasado entre a rapazada).

Como dixemos, a cabalgata deste 5 de xaneiro sairá ás 17.00 horas de Lampón cara a praza de Galicia de Boiro. Ademais das tradicionais carrozas, contará con espectáculos de animación de rúa para nenos e nenas e grupos tradicionais. “Trátase dunha cabalgata con 45 anos de historia e que este ano contará con oito carrozas, agrupacións musicais e espectáculos de animación, ademais dos tradicionais lanceiros, antorcheiros, espadeiros e romanos., entre o outros acompañantes“, comentou os días pasados Marcelino Sánchez, párroco de Lampón.

O alcalde, José Ramón Romero, agradeceu “a gran implicación de toda a veciñanza de Lampón nesta Cabalgata” e “que se mantén no tempo gracias á colaboración entre a veciñanza e a administración local”. E engadiu: “Dende o Concello seguimos a apostar ano a ano pola Cabalgata de Reis, un dos días de maior afluencia de xente no municipio. Este ano realizamos reparacións nas carrozas, incluímos novas actividades de animación para que a cabalgata medre ano a ano”, afirmou o alcalde.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.