Adxudicada por máis de 940.000 euros as obras de ampliación da rede de saneamento municipal de Padrón

04 Xaneiro 2023

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de adxudicar por máis de 940.000 euros as obras de ampliación da rede de saneamento municipal do concello de Padrón.

Os traballos, adxudicados á empresa Proyecon Galicia S.A, contarán cun prazo de execución de 6 meses.

Trátase da execución das obras dunha rede de colectores e catro estacións de bombeo de augas residuais nos núcleos de Herbón, Lestido, A Aduana e O Paraíso.

Esta intervención enmárcase no convenio asinado entre a Xunta e o Concello, na liña de colaboración que vén desenvolvendo o Goberno galego de apoio ao desenvolvemento das competencias municipais en materia de auga.

A Xunta asume o cofinanciamento das actuacións nun 80% e levará a cabo a contratación, dirección e execución das obras.

Pola súa banda, o Concello de Padrón asume o 20% do financiamento restante das obras, a realización das xestións pertinentes para posibilitar a súa execución, así como a recepción, mantemento e conservación das actuacións que se leven a cabo.

As actuacións serán financiadas pola Unión Europea no marco do eixe REACT UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión á pandemia da covid-19.

Características técnicas

As obras de ampliación da rede de saneamento executaranse de modo que se conecten á rede xeral para, posteriormente, ser conducidas ata a estación depuradora de Padrón as augas residuais xeradas en Herbón, así como nos núcleos do Barco, Lestido, O Piñeiro, Vista Alegre, A Aduana, O Pombal, O Muelle e O Paraíso, da parroquia de Iria Flavia.

A intervención centrarase na ampliación da rede de saneamento mediante unha serie de colectores por gravidade executados en tubaxe de PVC. Ademais, prevense 4 estacións de bombeo nos puntos baixos: nos núcleos de Herbón, Lestido, A Aduana e O Paraíso. As impulsións proxéctanse en polietileno de 90 mm de diámetro.

Coa rede proxectada por Augas de Galicia darase servizo a unha poboación de 669 habitantes para o ano horizonte 2044.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.