As contadoras Rilo & Penadique están este martes en Boiro co seu espectáculo Fartura de Nadal

03 Xaneiro 2023

As contadoras, animadoras, narradoras e artistas musicais Rilo & Penadique están este martes 3 en Boiro co seu espectáculo Fartura de Nadal. Será ás 18.30 horas na Carpa Solidaria da praza de Galicia. Fartura de Nadal é un espectáculo de narración oral e música para público familiar que nos recorda a rica tradición cultural galega vencellada a estas datas sinaladas, contos, historias e cancións para sacar a relucir a carón do lume. Como os que contaban aquelas dúas velliñas que vivían xuntas, comían xuntas, durmían e soñaban xuntas… Ou aquela avoa que quería pasar o Nadal coas súas tres netas pero dálle por facer pan con mel… Rilo & Penadique tráennos un feixe de historias onde o quererse, xuntarse e divertirse, son, nas súas palabras, “o alimento do Nadal”.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.