McDonald’s inaugura o seu restaurante en Ribeira, o oitavo da provincia

30 Decembro 2022
Situado no Polígono, o local ten servizo de entrega a domicilio, McAuto e puntos de recarga para vehículos eléctricos

A empresa norteamericana McDonald’s aterra en Ribeira para a inauguración da súa oitava franquía na provincia. O restuarante é o primeiro da comarco e está situado na zona do polígono industrial, en Lugar de Xaras.

O local ten unha superficie de 303 metros cadrados e dispón dunha terraza con 76 asentos. A apertura da franquía supoñerá un total de 20 novos postos de traballo para o municipio coruñés.

Desde Ribeira, Abel Doce, o franquiado, destaca a oportunidade de traer “por primeira vez” o recoñecido logo norteamericano aos veciños de Ribeira. “A través desta apertura ofrecemos a mellor experiencia McDonald’s á vez que contribuímos á creación de emprego local”, sinalou.

Durante a inauguración do local, tamén se dirixiu aos medios e animou a todos a probar os produtos do menú. “Esperamos cos brazos abertos a todas as persoas que desexen achegarse para gozar dos seus produtos favoritos e de bos momentos connosco”.

Pola súa banda, David Lerma, director Rexión Oeste de McDonald’s España, quixo destacar Galicia como “rexión crave” na expansión da marca. “Seguimos traballando para facer posible o plan de expansión da compañía a través dun negocio sostible e responsable, xerando un impacto positivo na sociedade, comprometidos coa creación de emprego de calidade e o apoio á economía española. Sempre co noso propósito de marca por diante: apoiar ás comunidades nas que estamos
presentes”.

O restaurante, ademais da terraza, conta con servizo a mesa, quioscos dixitais, un espazo de cafetería e a posibilidade de entrega a domicilio. Un Play Pace, zona de xogo para os máis pequenos, completa o establecemento, que tamén conta co servizo McAuto e dous puntos de recarga para coches eléctricos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.