
A partir do 1 de xaneiro de 2023 estarán vixentes as medidas anticrise aprobadas este martes polo Consello de Ministros. Son medidas que conforman o terceiro paquete cuxo obxectivo é facer fronte
A elevada inflación provocada en España pola invasión de Ucraína polas forzas do exército ruso.
Este terceiro paquete amplía o groso das iniciativas postas en marcha en marzo e xuño por medio de dous textos lexislativos aos wue se engaden outros como a eliminación do IVE para os alimentos de primeira necesidade (actualmente do 4%) como o pan, o leite, as fariñas panificables, o queixo, os óvos, a froita, as verduras, legumes, hortalizas, patacas e cereais. Tamén se baixa o IVE do 10% ao 5% para aceites e pasta. Todo este conglomerado de medidas vai supor un aforro de 661 millóns de euros, que se vai manter atya o 30 de xuño ou ata que a inflación su0062acente baixe do 5,5%. De baixar desta taxa, recuperarase o tipo impositivo cotián de IVE nos alimentos anteditos.
As medidas aprobadas contémplanse nun decreto-lei no que tamén se inclúe un cheque de 200 euros que se artella nun pagamento único e tenta reducir as situación de vulnerabilidade económica” que non están cubertas por outras prestacións de carácter social. A este abono poderán acceder asalariados, autónomos e desempregados. O requisito para elo é que os ingresos dos solicitantes sexan inferiores a 27.000 euros e o seu patrimonio non supere os 75.000 euros a 30 de decembro de 2022. Esta medida, que beneficiará a máis de 4 millóns de fogares e a 6 millóns de persoas poderá ser solicitado a partir do 15 de febreiro de 2023. O aforro para as familias con esta axuda ascenderá a 1.200 millóns de euros, segundo informa o propio Goberno. Este vai manter vixente, asimesmo, o 30% de subvención ao transporte urbano e interurbano xestionado por concellos e comunidades, coa condición de que o resto de administracións implicadas, autonómicas e locais, se comprometen a poñer un 20% adicional que ata o de agora era vontario.
Esténdese asimesmo a gratuidade dos trens de Cercanías, Rodalies e Media Distancia convencional e da liñas de autobuses de titularidade estatal para viaxeiros cotiáns, así como os descontos do 50% dos abonos Avant, durante 2023.
O Goberno retira a axuda de 20 céntimos de euros no litro de gasolina, que sen embargo vai manter vixente para o transporte profesional por estrada, que se abonará ao remate de cada mes. Neste senso amplíase ata marzo a bonificación actual para o sector e fíxase unha rebaixa de 10 céntimos por litro durante o segundo trimestre de 2023.
A máis prorróganse as rebaixas fiscais no recibo de electricidade e do gas e mantense a prohibición de cortar os subministros básicos de luz, gas e auga dos consumidores vulnerabeis no caso de impago ata o 31 de decembro de 2023, á vez que se prorroga para este colectivo o desconto na factura eléctrica a través de bono social.
Son medidas estas que, xunto con outras máis específicas, van repercutir en amplas capas da sociedade española e que terán unha efectiva acollida en Galicia onde, como é ben sabido, salarios e pensións de xubilación son xeralmente das máis baixas de todo o Estado.



