Pesar polo falecemento do ribeirense, Gonzalo Sarasquete

28 Decembro 2022

A tarde deste mércores achéganos a triste nova da morte do escultor ribeirense, Gonzalo Sarasquete Fernández. Artista moi querido na cidade e comarca pertencía a dúas das familias mais coñecidas da vila, Sarasquete e París-Cambeiro. Os restos mortais atópanse no Tanatorio de Cristobal Colón e recibirán sepultura este xoves ás 18.20 para as 19.30 celebrarse o funeral na Igrexa Parroquial de Santa Uxía.

Gonzalo nace en Santa Uxía, o 14 de Maio de 1961, licenciado en Belas Artes na Universidade de Salamanca en 1988. No 1985 influído polo movemento Atlántica dos oitenta, comeza a súa traxectoria no seo dunha arte bruta e étnica de carácter abstracto, influenciada polo Mínimal e certos autores europeos, axiña apunta cara a un reducionismo que se enguedella co barroco de placas tan xeométrico, ao que incorpora unha fonda ironía que o liga de preto á tradición galega.
Aínda que dá os seus primeiros pasos con materiais como o granito e a madeira, a busca lévao ó sulfato de cobre, o asfalto, o caucho, a máis da lousa do pais, converténdose nun material propio, referente nos seus traballos máis expresivos.

Entre as obras mais coñecidas está o famoso monumento ao percebe de Aguiño ou o proxecto “Tódolos silenciados. Fuxidos, agochados, asasinados”, que resultou o elixido para honrar a memoria dos represaliados no Barbanza durante a ditadura franquista en Lousame. D.E.P.

Aguiño homenaxe ao percebe

Con exposicións en Galicia como en Sargadelos, Novíssimos e Dimensións Atlánticas para Universidade Menéndez Pelayo na Coruña. En Madrid en galerías como Villalar ou Belarde 20, seleccionado polo crítico Miguel Logroño para ACTA 88 no Palacio de Velázquez de El Retiro. Tamén en Sevilla, Valladolid, Burgos, Bejar e Mallorca. Está presente nalgunhas coleccións como Banco de España, Helga de Alvear ou a colección “Itinerarios” de M. Logroño para o MEIAC de Badaxoz.Ten esculturas públicas en Salamanca: “Oración polo esponsor” e “O estómago do edificio”, Novos Xulgados de Salamanca.
Mais recentemente se topa comprometido cunha escultura combativa de denuncia avandoando o puramente estético e acercandose máis á sua terra con novas series como : “O ultimo Patagullo” presentada na galeria Metro de Santiago, no setembro do 2011.

Ademáis da comarca, as súas obras percorreron importantes galerías, desde O Palacio de Velázquez, no Retiro, ata o Museo do Pobo Galego compostelán, pasando por salas de Sevilla, Valladolid, Burgos, Salamanca e Mallorca.

O legado artístico de Gonzalo Sarasquete non só queda en Barbanza, senón que está presente nalgunhas coleccións como Banco de España, Helga de Alvear ou o Meiac de Badaxoz. Deixa, ademais, impoñentes esculturas públicas fose das fronteiras da comarca, entre as que destacan O estómago do edificio, nos Novos Xulgados de Salamanca.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.