Os escolares da Pobra achegan na vila unha nova exposición arredor da figura de Valle-Inclán

26 Decembro 2022

A creatividade das crianzas da educación infantil da Pobra do Caramiñal é a protagonista dunha nova mostra que se exhibe na Casa da Cultura Raquel Fernández Soler.

Esta nova exposición atópase conformada por siluetas do escritor decoradas polos/as escolares da E.E.I. Fernández Varela, do Monte Carmelo e das unitarias do Vilariño, A Granxa e A Angustia, ao abeiro das XXIV Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán que se desenvolveron en outubro.

A concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), xunto coa técnica municipal desta área, Fita Sanisidro, explica que a finalidade da actividade Pinta a Valle-Inclán é que as nenas e nenos comecen a familiarizarse co literato dunha maneira lúdica aplicando distintas técnicas plásticas a reproducións do cartel da edición deste ano.

As visitas pódense efectuar ata finais do mes de xaneiro, de luns a venres, en horario de 11.00 a 13.30 e de 17.00 a 20.00 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.