“Arbitrar e moderar. Velaí a función de quen naceu rei” – Antón Luaces

26 Decembro 2022

A división fai máis fráxil ás democracias, dixo o Rei de España. Felipe VI, que naceu neno e se criou príncipe para, pola abdicación de seu pai, converterse en Rei da nación española- O xefe do Estado  advertiu no seu discurso de Nadal, sobre os perigos da corrupción e falou da historia de España sinalando que “somos unha das grandes nacións do mundo e os españois temos que seguir decidindo xuntos o noso destino, coidando a nosa democracia, protexendo a convivencia, afortalando as nosas institucións”.

Pero o certo é que España está dividida desde antes de que o xeneral ferrolán participara activamente no golpe de estado que levou a unha parte dos españois a arriar a bandeira tricolor e á outra a izar a roxiamarela, símbolo da división que conduciu  ao país a unha guerra fratricida da que aínda hoxe non estamos totalmente recuperados.

O feito é que mentres uns botan man da memoria histórica e reclaman o recoñecemento  oficial da II República, outros piden a instauración da III República, en tanto outro se acollen á Constitución para demandar, na práctica, que a Carta Magna non sexa o refuxio no que se acubillen os que denominan “filoetarras”, separatistas e socialcomunistas.

Maior división non pode darse.

Felipe VI actual xefe do Estado español amosou no seu discurso de Nadal, o pasado sábado, algo que ven sendo cotián neste tipo de intervencións: unha corrección estimada e agradecida por parte do monarca,  ao tempo que un  inducir aos partidos políticos a ter en conta a división existente na cidadanía e facer un chamado á unión “para seguir a decidir xuntos o noso futuro”.

A erosión das institucións, o deterioro da convivencia e a división ás que fixo referencia no seu discurso o Rei de España, son conceptos que non  estou seguro de que realmente amosen referencias concretas a este tempo actual no que semella que na que fora a “España de Franco” aínda pervivira a triunfal “unha, grande e libre” que proclaman os que cualifican de “inconstitucional” ao PSOE de Sánchez sen ter en conta que hai partidos na dereita e ultradereita (e algúns de esquerdas) española que dixeron e din “non” á Carta Magna que, teoricamente, rexe  os destinos deste país e que fai que, sendo todos teoricamente iguais,  se repartan as culpas da situación da que se alerta repartindo as culpas. E hai diferencias. Porque entre os que acusan e cualifican hai  negacionistas que esquecen que botaron contra esta Constitución á que recorren cando lles peta, Constitución da que botan man pata acusar aos demais de incumprila.

O Rei de España naceu cando eu fun pai por vez primeira. Daquela España era outra. Mandaba a peseta e, no caso de ser necesario, o estado de excepción. Hoxendía a excepción está no palacio das Cortes onde o insulto é gratuíto e o templo da palabra está convertido en taberna de barrio, algo que non nos merecemos os que si demos un voto positivo a unha Constitución que algúns barallan ao seu antollo.  

O Rei, na procura da equidistancia, xogou este ano un papel que, ao meu criterio persoal, nada ten que ver con aquel outro desenvolvido por parte dos residentes en Cataluña.

Na miña opinión, evidentemente.

Outros artigos

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

+

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.