
A conserveira boirense JEALSA obtivo a certificación do seu sistema de compliance penal, polo seu sistema de xestión para previr o suborno. As certificacións foron emitidas pola Entidade de Certificación Bureu Veritas.
A firma boirense pasou o proceso de autorías sobre as materias e foi galardoada nun acto de entrega na sede da compañía en Boiro . No evento estiveron presentes o Food Manager de Bureau Veritas, Jacobo de Nóvoa, e Laura Calvo, Business Development Senior de Bureau Veritas.
Ángeles Claro, a directora de sustentabilidade e de We Sea de JEALSA, destacou que “con estas certificacións, JEALSA demostra que segue apostando pola excelencia no desenvolvemento dos seus procesos”. “Grazas ao asesoramento continuado da firma Cremades & Calvo-Sotelo, JEALSA logrou cumprir outro dos obxectivos do seu programa We Sea”.
O sistema implementado por JEALSA abarca as sociedades que forman parte do grupo empresarial e a todas as persoas da organización e partes interesadas.
O compliance organiza as medidas preventivas a adoptar polas empresas para evitar a comisión de feitos delituosos ou inapropiados na contorna, para así evadir unha responsabilidade penal. As certificacións obtidas ensinan o compromiso da conserveira boirense por establecer boas prácticas de xestión e unha tolerancia cero na comisión de delitos.



