O Concello da Pobra loa o traballo do voluntariado na entrega do aguinaldo de Nadal

22 Decembro 2022

O voluntariado da Pobra do Caramiñal recibiu na tarde do día 21 de decembro o tradicional aguinaldo do Nadal. Distribuíronse así un total de 40 lotes de produtos típicos destas datas xunto con outros agasallos entre as persoas participantes nos ámbitos social, medioambiental, do benestar animal e da Protección Civil.

No acto de entrega efectuado no Teatro Cine Elma, o concelleiro do Voluntariado, José Andrés Lojo (Nós Pobra), manifestou que se trata dunha pequena mostra coa cal transmitirlle o agradecemento a todo o equipo de voluntariado da localidade “polo seu labor altruísta que tan positivamente redunda no conxunto da sociedade”.

Con relación ao benestar animal quixo destacar o “traballo inmenso” da Protectora Moura na defensa dos animais e a súa implicación en garantir a súa calidade de vida.

Tamén tivo palabras de eloxio para o eido medioambiental, que neste ano centrouse no control da especie exótica invasora Cortaderia selloana, comunmente coñecida como penacho ou plumeiro, e na retirada de lixo na praia da Corna.

Quixo, ademais, dirixirse especialmente ás persoas que exercen como voluntarias no CAD e que contribúen a “mellorar a calidade de vida das usuarias”, así como a quen ofrece clases gratuítas ou destina parte do seu tempo no traslado de veciños e veciñas ás consultas médicas.

E, finalmente, chegou a quenda da Protección Civil. O edil puxo en valor tódalas tarefas que realizan, dende a participación nos dispositivos de actividades ata a súa actuación en emerxencias ou sucesos como, por exemplo, os incendios do verán.

Nesta mesma liña pronunciouse tamén o alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), quen salientou que “o proxecto do voluntariado medra e continuará crecendo nos próximos anos” en beneficio do pobo cun equipo que resulta imprescindíbel, tal e como se incide na proxección dun vídeo de gratitude coas intervencións de membros do goberno municipal, traballadores e traballadoras do Concello e da cidadanía da Pobra.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.