“Vulneración de dereitos fundamentais” – José Manuel Pena

22 Decembro 2022

A pesar das numerosas normas e disposicións legais, aprobadas, para suspender os desaloxos domiciliarios de familias vulnerábeis, estes continúanse sucedendo. Un claro exemplo foi este mércores nunha localidade do Barbanza, concretamente en Boiro. Unha familia humilde e en risco quedou na rúa, e ademais sen que fora garantida unha alternativa habitacional, por parte dun Xulgado de Primeira Instancia e Instrución.

Os xuíces, ademais de ter a obriga de aplicar as leis e demais normas lexislativas, teñen que desenvolver o sentido da proporcionalidade e da valoración do posible dano ocasionado. Aquí, coñecendo a situación actual de vulnerabilidade da familia, que consta no Informe Social dos Servizos Sociais municipais, así como a presunta situación de padecer algún tipo de patoloxía invalidante por parte dalgún membro da unidade familiar, non obstante o Tribunal de Xustiza decide lesionar os dereitos da parte máis débil e indefensa, a familia, e beneficiar ao fondo de investimento que se fixo coa propiedade, como consecuencia dunha estafa empresarial.

As leis, reais decretos e demais disposicións regulamentarias prohiben un desafiuzamento da vivenda habitual a persoas e familias vulnerábeis sen a garantía dunha alternativa habitacional. Desgraciadamente, son moitas as ocasións en que se violan e vulneran estes Dereitos Fundamentais de todos os cidadáns por culpa da falta de vontade política da Xunta de Galicia para dispoñer dun número importante de vivendas e poder así garantir o realoxamento das centenares de familias que se ven afectadas por procedementos xudiciais sobre execucións hipotecarias, falta de pagamentos de renda de alugueiros ou desaloxos en precario.

Outros artigos

“Churros”. Xulio Xiz

Sei que as pesetas como moeda non existen desde hai máis de dùas décadas pero non poido, cuestión da idade, sustraerme de calcular equivalencias, e de asombrarme de ter pagado en festa romana 1.000 pesetas por unha ducia de churros. O churro era a unidade...

+

“Último abril”. Olegario Sampedro

“Último de abril, primero de mayo. Que entre el bueno y salga el malo”. Este era el popularadagio al que, cada 30 de abril, se recurría para bendecir las casas. Provistos con una rama detojo empapada en agua bendita, la gente santificaba sus hogares con el propósito...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A crise nos nenos” – José Manuel Pena

“A crise nos nenos” – José Manuel Pena

A parella está sen traballo e unicamente perciben pouco máis de 600 euros mensuais. Teñen dúas nenas de 4 e 6 anos. A pasada semana comeron pasta e arroz porque non dispoñían de diñeiro e a prestación non entra, no caderno do banco, ata o día dez de cada mes. Desde...