Vía libre á rehabilitación integral do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón (Dodro)

22 Decembro 2022

O Goberno local de Dodro aprobou na sesión do 13 de decembro a solicitude de licenza de obra para a rehabilitación integral do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón, logo de que a empresa adxudicataria (a UTE formada por Construcciones Orega e Construcciones Delfín Ferreiro) executara o pago das taxas e o imposto correspondente sobre edificación, instalación e obras, que fora previamente bonificado co 95% polas “circunstancias sociais e culturais que fan que se consideren como de especial interese para o Concello e de utilidade pública municipal”.

O Concello explica que a aprobación da solicitude foille notificada a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, e desde este momento a empresa adxudicataria pode comezar coas obras de rehabilitación integral do centro, obras que o sector educativo levaba demandando desde fai anos”.

Estas obras coincidirán co período lectivo e a empresa acometerá ditas obras en coordinación co

centro educativo, “para que causen o menor trastorno posible no desenvolvemento das clases”, engadiu o Concello.

Outros artigos

O Consello de Contas outorga unha nota alta a Dodro

O pleno de setembro en Dodro aprobou distintos asuntos de importancia como convenios de colaboración cos concellos veciños, o POS adicional 2 da Deputación ou o informe fiscalizador do Consello de Contas. O Consello de Contas, na reunión do pasado 29 de xullo, emitiu...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.