“Maltrato á memoria do notable pintor pobrense Rafael Rodriguez Baixeras”. Antonio González Millán

22 Decembro 2022

A mala educación e o vandalismo vánsenos das mans. Lamento moi profundamente que este sexa o aspecto que ofrece a estela coa que A Pobra do Caramiñal lembra no parque dado co seu nome a un pintor contemporáneo de prestixio internacional. Fillo Predilecto con berce no paseo dos Areos – O Caramiñal.

Rafael Rodríguez Baixeras (A Pobra do Caramiñal, 19.11.1947 – Segovia, 25.11.1989) foi recoñecido en sucesivos actos públicos na vila onde naceu, anos 1999 e 2000. Esta estela, ao presente lamentablemente vandalizada por memes alleos a todo respecto pola cultura e polo patrimonio público, sen castigo, foi erixida un 24 de novembro de 1999, cando se cumpria o décimo aniversario do pasamento dun pintor do que deberíamos sentirnos orgullosos.

Admiramos unha das súas obras de arte, “pecera” (1970), que transmite o xubilo dos seus momentos máis felices, despregue desa vitalidade que pronto inclúe a súa participación nas bienais de Sao Paulo e París. Propuxemos reproducila na estela de pedra de grao en parte policromada que lembra o seu nome. No acto estivemos presentes personas promotoras e facedoras de sucesivas homenaxes na Pobra do Caramiñal: Teresa Fernández de Castro (viuva súa), Xavier Rodriguez Baixeras (irmá seu), Jesús Mazariegos (especialista na biografía e creación de Rafa Baixeras), Miguel Fernández Cid (crítico de arte e director do Centro Galego de Arte Contemporánea), Isaac Maceiras Rivas (entón Alcalde) e quen escribe (entón Concelleiro de Cultura e Turismo).

O propio pai de Rafa Baixeras lembraría as circunstancias do seu nacemento na (súa) e nosa Vila nos seguintes termos: “La Puebla del Caramiñal es semicircular. Vivíamos en el Caramiñal y el médico en la parte contraria. Con cierta anticipación tuve que ir a buscar al médico. Tenía que recorrer todo el pueblo. La noche, cosa rara, era una noche sin nada de temporal, una noche muy tranquila. Apenas se oía el ruido de las barcas que surcaban la ría a aquellas horas; sólo se oía el movimiento de los remos. La luna era completamente abierta, de modo que era agradabilísimo el paseo a aquellas horas, con aquella temperatura y en aquellas circunstancias. Rafael nació a la una.

Yo le recordaba muchas veces estas circunstancias y le decía: “Tú tienes que ser pintor, porque las circunstancias en las que naciste fueron las propias de un artista”.

Asquea a proliferación de actos vandálicos. A cidadanía cun mínimo de cultura, sen dúbida, terminamos sentindo vergoña allea pola mala imaxe que ofrecemos como pobo de bestas que atentan contra un patrimonio público que é de todos. Fagamos votos comúns pola pronta rehabilitación desta singular obra de arte.

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.