Licitada a mellora do firme na estrada autonómicas do concello de Lousame 

21 Decembro 2022

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade licitou hoxe as obras de mellora do firme en 3 estradas autonómicas ao seu paso polos concellos de Lousame, Arzúa, Touro e Boqueixón e que suporán un investimento de 1.006.100 euros.

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publica hoxe esta licitación, á que as empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o 16 de xaneiro.

A Xunta prevé comezar as obras na primavera, co fin de telas rematadas no 2023, ao contar cun prazo de execución de seis meses.

O obxectivo é rehabilitar o firme en varios treitos das estradas AC-207, AC-308 e AC-960, que discorren polos concellos de Arzúa, Lousame, Boqueixón e Touro.

Os traballos consistirán en realizar fresados localizados nos treitos de actuación e na reposición con mestura bituminosa en quente, ademais da renovación da sinalización horizontal.

A Xunta continúa traballando na mellora da rede viaria autonómica co fin de proporcionarlles aos cidadáns unhas estradas cómodas e seguras.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.