Instalada unha quincena de taboleiros informativos en diferentes puntos da Pobra

21 Decembro 2022

Nestes días procedeuse coa colocación dun total de quince taboleiros informativos repartidos pola xeografía da Pobra do Caramiñal: Rego, O Xobre, A Granxa, A Angustia, O Campiño, O Camiño Ancho ou Santo Isidro son algúns destes puntos. A estrutura consta de dous apartados: un de uso exclusivo da Administración local para notificacións e outro de libre uso por parte da cidadanía para a distribución da información que considere oportuna.

O concelleiro da Participación Veciñal, Xabier Santos (BNG), relata que se trata dunha medida na senda de fortalecer a participación e implicación do pobo na construción colectiva do concello.

A dita acción supón un investimento de 14 950’16 euros, IVE incluído, con cargo ao remanente.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.