Stop Deshaucios solicita a mediación da Fiscalía Superior de Xustiza de Galicia para axudar ás familias sen fogar

20 Novembro 2019

A Plataforma Stop Deshaucios Barbanza vén de enviar un escrito á Fiscalía Superior de Xustiza de Galicia para lograr a súa intervención-mediación na situación de emerxencia que viven múltiples familias da nosa comarca e de toda a xeografía galega e que se atopan en risco de desaloxo pola imposibilidade de efectuar os pagos dos alugueres ou das hipotecas e todo isto, sinala a plataforma, “malia estar dispoñíbel un importante número de vivendas baleiras, moitas delas pertencentes a entidades bancarias e á Sareb, que poderían ser fogares de acollida para o seu realoxo”.

A organización lémbralle a Fiscalía que “nos últimos tempos os casos de desafiuzamentos nos concellos galegos non para de medrar”. Por estes outros motivos, a plataforma reflicte na súa misiva a “nosa preocupación pola necesidade de que haxa unha maior coordinación, relación e contacto entre os diferentes xulgados de primeira instancia e instrución de Galicia, a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e os responsábeis da Consellería de Vivenda, Xustiza e Presidencia da Xunta Galicia”, unha coordinación que redundaría nunha meirande eficacia á hora de enfrontárense aos “numerosos desaloxos das familias”, ás que, por outra banda, “non se lles ofrece unha garantía de alternativa habitacional” en caso de necesidade.

A plataforma explica na súa petición que “somos conscientes de que todo é cuestión de vontade política”, e que “o dereito á vivenda ten que estar garantido na realidade, ademais de estar recoñecido no artigo 47 da Constitución Española, no artigo 25 da Declaración dos Dereitos Humano e no artigo 11 do Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais”.

Outros artigos

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.