Papá Noel inicia unha xira na Pobra para coñecer os escolares

19 Decembro 2022

Como antesala da xornada de intenso traballo do 24 de decembro, que culminará en centos de agasallos baixo as árbores da rapazada da Pobra, o Papá Noel quixo coñecer en persoa as crianzas do concello que lle remitiron agarimosas cartas cos seus desexos para estas datas. Froito deste interese, este 19 de decembro iniciouse a xira de encontros coas case 500 nenas e nenos dos centros educativos da Infantil e da Primaria.

Escolares do Monte Carmelo foron as/os primeiras/os en asistiren a esta recepción que ten o Teatro Cine Elma como punto neurálxico e ata onde tamén se desprazará nos vindeiros días alumnado do CEP Salustiano Rey Eiras, do CEP Pilar Maestú Sierra, da E.E.I. Fernández Varela e das unitarias do Vilariño, A Granxa e A Angustia.

Hai tamén programada sesión de contacontos e foto que se lles entregará como obsequio aos centros para o recordo.

A dita acción atópase ao abeiro da axenda artellada para esta época dende a Concellaría da Promoción Económica, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.