
A ABE fixo balance do acadado pola súa Campaña de Nadal en materia de participación e os números non poden ser máis destacados. Así, cando se cumpren os primeiros 15 días da campaña os datos guindan unha cifra de rexistros que supera a cifra dos 2.000, concretamente 2.007 tíckets os facturas rexistradas na web da ABE de clientes que realizan as súas compras nos establecementos asociados. “As cifras acadadas son espectaculares”, indican dende a patronal boirense, lembrando que estes rexistros convértense por unha banda en participacións para o sorteo dos 3.000 € do Nadal e, pola outra, acumulan puntos para trocar por premios do catalogo de puntos da ABE.
En canto aos usuarios (clientes que están rexistrando tíckets) son xa 631 o que supón “un novo récord de participación nunha campaña dixital organizada pola ABE”, indican fontes da asociación.
Variedade
A procedencia dos tíckets e moi variada, hai rexistros de 82 establecementos diferentes e non so pertencen ao sector comercio xa que está crecendo moito o numero de rexistros procedente da hostalería e tamén do sector servizos como farmacia, clínicas e mesmo taxi.
Premios
A campaña aínda se vai a estender ata o 8 de xaneiro e todos os tíckets ou facturas de compra rexistrados na web participan no sorteo de 3.000 € en Bonos ABE que, como explicou o presidente , Daniel García, “poderán utilizar en calquera das 196 empresas asociadas”. García indicou tamén que os 3.000 € devanditos divídense en 1 premio de 1000 € e 10 de 200 € .
O sorteo dos premios celebrarase o luns 9 de xaneiro e a ABE contactará coas persoas premiadas xa que ao rexistrar os tíckets queda reflectido o teléfono e enderezo de correo electrónico das persoas participantes.
Catalogo de premios
Ademais do sorteo de 3.000 € os clientes que rexistren os seus tíckets ou facturas tamén acumularán puntos ABE para cambiar por agasallos do novo catálogo de premios da patronal de Boiro.
Como indicou o presidente “o catálogo de puntos estará vixente durante todo o ano pero no Nadal convive coa campaña e os mesmos tíckets que se rexistran para o sorteo tamén acumulan puntos”.




