O 112 rexistrou preto dun cento de incidencias relacionadas co vento ao longo desta noite

19 Decembro 2022

En total, o 112 rexistrou 92 incidencias relacionadas co vento entre as 00 e as 9 horas. Entre as máis destacadas, a colisión dun camión cunha árbore no quilómetro 19 da DP-2904 ás 6 horas. Afortunadamente, o condutor non resultou ferido. Tamén, a rotura dunha fiestra nun piso da rúa de Alcalá Galiano, en Ribeira, que requiriu da actuación dos Bombeiros para evitar a súa caída sobre a calzada.

As máis repetidas tiveron que ver coa caída de árbores e polas nas estradas, con 53 casos, o que ocasionou o corte dalgunhas estradas secundarias a espera da intervención dos servizos de emerxencias.

Ademais, a provincia máis afectada foi a da Coruña, con 41 incidencias relacionadas, seguida de Pontevedra (30) e Lugo (20). Cabe destacar que, ata as 9 horas, en Ourense só se rexistrou unha incidencia pola acción do vento.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.