Os presidentes das tres federacións provinciais de confrarías de pescadores de Galicia revalidan cadanseus cargos

19 Decembro 2022

Os tres presidentes das federacións provinciais de confrarías de pescadores de Galicia renovaron o seu cargo tralas terceiras eleccións unificadas nos pósitos galegos. Neste proceso foron elixidos tamén os vicepresidentes primeiro e segundo e os membros do comité executivo, de conformidade coa regulación contida nos seus estatutos. Ademais, foron designados os tres vogais de cada unha delas que representarán ás federacións provinciais no comité executivo da Federación Galega de Confrarías de Pescadores.

Segundo informou a Consellería do Mar, este martes 20 será cando os representantes elixidos tomarán posesión dos seus cargos e nese momento abrirase o prazo para elixir aos órganos reitores da Federación Galega de Confrarías de Pescadores –o último paso deste proceso electoral unificado–, que se van proclamar o vindeiro 9 de xaneiro.

Lembrar que estes comicios ás federacións provinciais son unha continuación dos iniciados coa elección dos 62 patróns e vicepatróns maiores noutras tantas confrarías de pescadores. En palabras da Consellería, estes procesos 2amosan a madurez democrática do sector á hora de elixir aos seus representantes”.

Na seguinte listaxe resúmense os resultados destes comicios na provincia da Coruña.

Federación Provincial da Coruña

Presidente

M. Daniel Formoso Moledo

Muros

Vicepresidente/a 1º

Francisco Charlín Oróns

Laxe

Vicepresidente/a 2º

José Mariano Lago Lorenzo

Lira

Comité executivo Fed. Prov.

Emilio Queiruga Santamaría

Porto do Son

Comité executivo Fed. Provincial

José Antonio Pérez Sieira

Ribeira

Comité executivo Fed. Provincial

José Antonio Santamaría Sampedro

Carreira-Aguiño

Comité executivo Fed. Provincial

Pedro Pérez Martelo

Malpica

Comité executivo Fed. Provincial

Adelaida Lestón Mayo

Muros

Comité executivo Fed. Provincial

Omar Enrique Lucci Muñoa

Mugardos

Comité executivo Fed. Provincial

Juan Ramón Torres Romero

Porto do Son

Comité executivo Fed. Provincial

Mercedes Mariño Alonso

Cabo de Cruz

Comité executivo Fed. Galega

Pedro Pérez Martelo

Malpica

Comité executivo Fed. Galega

Adelaida Lestón Mayo

Muros

Comité executivo Fed. Galega

Francisco Charlín Oróns

Laxe

Outros artigos

Ribeira presenta o programa de conciliación para o verán 2024

Concello O segundo tenente de alcalde Vicente Mariño e a concelleira Tania Redondo presentaron hoxe o programa de conciliación Días Sen Cole de cara ao verán deste ano 2024.A área de Servizos Sociais Comunitarios impulsa os campamentos de conciliación durante as...

+

O Concello recoñece os logros do Natural Sport de Ribeira

O Concello de Ribeira organizou este martes 21 de maio un acto de benvida e recoñecemento ao Club Natural Sport, co obxectivo de distinguir aos seus destacados logros nos campionatos galegos de 2024. A cita tivo lugar no salón de plenos do Concello, onde estaban...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Toda la noche remando…”. José Castro López

“Toda la noche remando…”. José Castro López

Es difícil saber si la derrota de los partidos independentistas catalanes generó en susdirigentes, además de decepción, más frustración que reflexión, pero ese veredicto delas urnas evoca el dicho popular “toda la noche remando para morir en la orilla”.Después de...