O Club de Lectura de Boiro achégase este xoves á segunda novela de Edurne Portela

19 Novembro 2019

Este xoves, en Boiro, temos unha cita coa literatura e con todas as cousas que collen nela. Estamos a falar dunha nova sesión do Club Lectura da Biblioteca Municipal, que será ás 18.30 horas e que virá marcada pola presentación do segundo libro da escritora vasca de orixes galegas Edurne Portela (Santurce 1974), a novela Mejor la ausencia, publicada hai dous anos por Galaxia Gutenberg e, tanto en termos de crítica como de ventas, un dos meirandes éxitos editoriais deste final de década (recibiu, entre outros recoñecementos, o Premio ao mellor libro do ano de ficción que concede o Gremio de Librarías de Madrid).

Cóntanos a historia de Amaia e da súa nenez e adolescencia nunha familia en proceso de destrución e afectada pola violencia desatada dunha contorna, a de Euskadi nas décadas dos oitenta e noventa, onde aos problemas sociais derivados da cuestión política e social engadíanse os estragos xerados pola heroína e a destrución medioambiental, especialmente presentes na marxe esquerda do río Nervión, que é onde transcorren estas primeiras décadas de vida de Amaia. A protagonista do libro, a pequena de catro irmáns, debulla os detalles desta contorna brutal “dende a súa ollada de nena e adolescente”. Anos despois, a muller na que se converte Amaia volve á súa vila para atoparse “co seu pasado non resolto”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Tomadura de pelo en prime time”. José Antonio Constenla

“Tomadura de pelo en prime time”. José Antonio Constenla

Hoy ha triunfado el amor, no podía ser de otra manera. Porque, ¿existe alguienque, al igual que Pedro Almodóvar, no haya llorado “como un niño” después deleer la carta a la ciudadanía o escuchar la intervención del presidente de ayer?A veces pienso que somos unos...

“Convulsión y especulaciones”. José Castro López

“Convulsión y especulaciones”. José Castro López

Convulsión en la sociedad después del retiro del presidente “al rincón del pensar ymuchas especulaciones. Unos dicen que los cinco días de “asuntos propios” son paravictimizarse y no dar explicaciones y otros señalan que, falto de cariño, buscó laadhesión de los suyos...