Stop Deshaucios Barbanza pide á FEGAMP que se dispoñan vivendas baleiras de bancos para familias en emerxencia

19 Novembro 2019

A Plataforma Stop Deshaucios Barbanza vén de remitir unha petición á Federación Galega de Municipios e Provincios (FEGAMP) con vistas a pór medidas que incrementen a dispoñibilidade de vivendas para as familias que non estean en disposición de abonar unha cota medio de aluguer ou os prazos dunha hipoteca. A proposta da plataforma ten un obxectivo concreto: mobilizar o importante número de residencias baleiras nos nosos municipios (poñendo o foco nas vivendas que están en poder das entidades financeiras, dos fondos de investimento ou da propia entidade Sareb) para permitir que os concellos teñan un número mínimo de inmóbeis cos que atender ás familias que se atopan con problemas económicos e de emerxencia.

O obxectivo da medida sería, polo tanto, garantirlles a estas persoas un novo fogar a través dun parque de residencias baleiras.

A plataforma explica na súa petición que “somos conscientes de que todo é cuestión de vontade política”, e que “o dereito á vivenda ten que estar garantido na realidade, ademais de estar recoñecido no artigo 47 da Constitución Española, no artigo 25 da Declaración dos Dereitos Humano e no artigo 11 do Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais”. En base a estes e outros recoñecementos, sinala a organización, “non se pode seguir admitindo que nas dúas beiras da ría de Arousa nos atopemos cada pouco cun gran número de familias que teñen sinalada a data de desaloxo, por parte dos xulgados de primeira instancia e instrución correspondente, e dende os Concellos non se adopta ningún tipo de medida de emerxencia habitacional e, de facerse, é de maneira provisional, ofertando uns días de estadía provisional nun establecemento hostaleiro”.

Outros artigos

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.