CONGALSA celebrou de novo o Nadal

17 Decembro 2022

Tras dous anos en branco, CONGALSA retomou a súa cea de nadal con gran éxito e congregou a 320 traballadores no pazo Torre de Xunqueiras pobrense. Alí, os asistentes tiveron ocasión de gozar dun suculento banquete, ao que seguiu un animado baile que se prolongou durante varias horas.

Coa chegada dos asistentes confirmábase que tiñan gañas de celebrar a volta á normalidade. Abelorios, brillos, tacóns, gravatas, paxarelas… e, sobre todo, moitas risas conferiron á cea o ambiente festivo que requiría a ocasión. Tamén a porcentaxe de asistentes, un 70 % dos empregados que conforman o persoal da compañía, contribuía a ratificar que a gran familia de CONGALSA estaba desexosa de recuperar unha das súas principais tradicións.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.